CREA PERFIL PARA INSCRIBIRTE EN LAS OFERTAS

Enxeñeiro/a de Automatización industrial

Lugo Indiferente A negociar

Descripción

¿Posúes coñecementos e experiencia na área da automatización industrial? ¿Gustaríache formar parte dunha industria alimentaria líder na provincia de Lugo, comprometida coa innovación e a tecnoloxía avanzada nos nosos procesos produtivos?
Se é así, esta é a túa oportunidade!
En Galejobs buscamos un/a Enxeñeiro/a de Automatización Industrial con sólidos coñecementos en automatización e control para optimizar as liñas de produción e xestionar a infraestrutura tecnolóxica da planta.
Cales serán as túas funcións? A persoa seleccionada encargarase de:
• Xestión e programación de PLC:
- Xestionar os sistemas PLCs de planta, con especial enfoque en Siemens S7 (modelos S7 200, S7 300, S7 1200, S7 1500) e Rockwell.
- Programación de autómatas para novas instalacións, melloras nas xa existentes e soporte na posta en marcha de equipos.
- Desenvolvemento e mantemento de sistemas SCADA e HMI.
- Programar e supervisar o correcto funcionamento dos sistemas SCADA (Siemens WINCC, Wonderware) e HMI (Siemens, Proface).
- Implementar melloras nos sistemas existentes para optimizar a eficiencia operativa.
• Redes de comunicación industrial:
- Configurar e xestionar redes industriais (Ethernet, AS-I, Profibus, DeviceNet) para asegurar a conectividade entre os sistemas de automatización.
- Resolver incidencias e garantir a continuidade operativa da planta.
• Mantemento e respaldo de sistemas:
- Levar o control e mantemento das copias de seguridade de equipos (PLCs, pantallas HMI, drivers, robots).
- Establecer plans de mantemento preventivo e correctivo para os sistemas automatizados, asegurando o seu bo funcionamento e durabilidade.
• Capacitación do persoal:
- Formar ao equipo operativo no manexo e optimización das liñas produtivas para asegurar unha operación eficiente.

¿Que ofrecemos?
Contrato estable nunha empresa de referencia no sector alimentario.
Plan de formación continua e oportunidades de desenvolvemento profesional.
Contorna de traballo dinámico, con acceso ás últimas tecnoloxías en automatización industrial.
Se estás a buscar unha contorna innovadora onde desenvolver a túa carreira en automatización industrial, queremos coñecerte!

Puesto: Enxeñeiro/a de Automatización industrial

Requisitos Mínimos

Buscamos a una persona con:
- Titulación en Enxeñería Técnica Industrial, especialización en Electrónica Industrial ou Automática (titulación equivalente)
- Mínimo 3 anos de experiencia como Técnico/a de Automatización en contornas industriais.
- Competencias técnicas:
* Experiencia demostrable en programación de autómatas (PLCs), sistemas SCADA e HMI, preferiblemente con plataformas Semes e Rockwell.
* Coñecementos en redes de comunicación industrial, como Profibus, AS-Interface e Ethernet.

Requisitos Deseados

Valorable o dominio de inglés a nivel técnico.

Estudios Mínimos

Titulación en Enxeñería Técnica Industrial, especialización en Electrónica Industrial ou Automática (titulación equivalente).

 

3 personas inscritas a esta oferta

Mellora o teu curriculum | Cursos


ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

Curso de Realización das intervencións necesarias para a montaxe das instalacións eléctricas no entorno de edificios e con fins especiais
Online / 80 horas / Más información

Curso de Técnicas de programación en fabricación mecánica
Online / 90h / Más información

Curso de Prevención de riscos e xestión medioambiental nas operaciones auxiliares da montaxe e mantemento de equipos eléctricos e electrónicos
Online / 30 horas / Más información

Buscas un curso á tua medida? Dinos o que precisas aquí

Empresa beneficiaria: Grupo Galejobs SL

Actuación subvencionada: PERSUS: Nova solución integral baseada en Intelixencia Artificial e analítica avanzada para unha xestión de persoas consciente e estratéxica desde RRHH.

Financiación: 143.010,16 €

Convocatoria: IA360. Ayudas para el desarrollo tecnológico y la innovación mediante el uso de la Inteligencia Artificial – PRTR Galicia 2025

Objetivo del proyecto

O proxecto obxecto de subvención vai consistir en: PERSUS é unha solución tecnolóxica de ciencia de datos aplicada á xestión de persoas, deseñada para transformar a función de Recursos Humanos (RRHH) mediante intelixencia artificial (IA) e analítica avanzada. O seu obxectivo é universalizar a profesionalización da xestión do capital humano, eliminando a necesidade de custosas consultoras externas e permitindo que as empresas tomen decisións estratéxicas baseadas en datos de maneira eficiente e precisa.

 

Crea una cuenta en Galejobs

Busco trabajo Ofrezco trabajo